Toda a costa galega está en alerta por mar de fondo con ondas que superan os cinco metros e poden chegar aos sete na provincia da Coruña. Tamén o vento soprou con forza no litoral norte. En Cedeira rexistrouse un refacho máximo de case 130 km por hora // Esta tarde vai ser soterrado o cazador de dezasete anos que morreu nunha batida de xabaríns o sábado en Lugo. A investigación sobre o caso ainda está en marcha pero todo parece indicar que se trata dun accidente. De feito, o autor do disparo que, de rebote, lle causou a morte ao mozo, non está acusado // Logo dun mes de derrotas, e cuestionamento do sistema de Luis Enrique, o Celta conseguiu sair dos postos de descenso e fixoo cunha histórica goleada en Málaga. Gañou a domicilio por 5 goles a cero e ofrecendo unha exhibicion de futbol // O C.D. Lugo está facendo historia xornada tras xornada, e onte acadou primeira vez o segundo posto na segunda division, un lugar que o situa en postos de ascenso directo a Primeira. 28/10/13