Xa son 79 os positivos rexistrados en Galicia en relación coas viaxes de fin de curso a Mallorca. Os 90 mozos e mozas que continúan alí volverán mañá e faranlle unha proba PCR no aeroporto. De momento, en Pontevedra suspéndense as festas de graduación, con centos de persoas cumprindo corentena. // Os casos activos seguen a tendencia crecente. Hoxe son 1.507, polo notable aumento na cifra de novos contaxios detectados, que son 123. // Logo dun inicio do Ano Santo practicamente desertos, os Camiños de Santiago empezan a recuperar a vitalidade. Os peregrinos enchen as distintas rutas e, na cidade do Apóstolo. As colas para pasar pola porta Santa volven ser habituais. // No Campionato de España Absoluto de Atletismo catro atletas galegos gañaron as súas disciplinas. Deles, Belén Toimil, Adrián Ben e Ana Peleteiro xa teñen medio pé en Tokio, polo que estes resultados danlles ás de cara os Xogos Olímpicos. 28-06-2021