Alcoa anuncia oficialmente o peche da maior parte da actividade na planta de aluminio de San Cibrao e plantexa o despedimento colectivo de 534 traballadores. Os representantes do persoal anuncian mobilizacións e piden intervención da xunta e o goberno central para manter os empregos // Os traballadores de Alu Iberica levan a sua protesta ás rúas da Coruña. Amosan a sua desconfianza polos plans de futuro para as factorías por parte do novo propietario, o Grupo Riesgo, que adquiríu a compañía ao fondo suizo Parter // Segue a mellorar a situación da Covid 19 en Galicia, nunha nova xornada sen falecementos. Os casos activos baixan a 799 pese a 14 novos contaxios detectados na área sanitaria de Vigo. Só quedan 37 pacientes hospitalizados, cinco permanecen na UCI. 28/05/20