Xa está en Vigo o "Ratonero", o pesqueiro do Grove apresado no Atlántico cando traía cara Galicia tres toneladas e media de cocaína, que recollera fronte ás costas de Venezuela. // O Parlamento galego aproba a lei de medidas para os empregados públicos. // Fóra do Parlamento centos de funcionarios protestaron mentres se votaba a lei que lles vai impor novos recortes laborais. // José Blanco asegura que as acusacións contra el do empresario Jorge Dorribo, son só unha estratexia coa que tenta evitar o cárcere. // Na Coruña, continúa ingresado un dos nenos ós que un home lles tirou ácido á cara cando baixaban do autobús escolar. 28/02/12