O incendio do Santuario da Virxe da Barca está a facer xurdir a solidariedade con Muxía. O concello e outras institucións locais explicaron hoxe que están recibindo un aluvión de chamadas e correos electrónicos ofrecéndose para axudar na recuperación // A Xunta declara de URXENCIA a licitación das obras para a recuperación inmediata do santurio de Muxía // O Consello tamén aprobou crear a figura do embaixador do camiño de Santiago e ofrecerlle a primeira distinción ao Principe Don Felipe, que xa a aceptou. A distinicion supón un compromiso de promocionar a ruta xacobea // Desartellada pola policía unha rede que falsificaba prendas de roupa e calzado, e que branqueaba capitais. Un dos seus centros de operación estaba na provincia de Ourense. 27/12/13