A Garda Civil iniciou unha investigación interna polo falecemento do batería de Los Piratas tras recibir un tiro dun axente que acudira por un posible caso de violencia de xénero. A familia nega que se trate dun caso de malos tratos e anuncian medidas legais contra o garda civil que disparou e tamén contra o psiquiatra que dediciu retirarlle a medicación, despois de dez anos de tratamento // Os gandeiros sacaron, de novo os tractores á rúa en Teixeiro, para reclamar prezos rendibles para o leite. O Ministerio insistiu, en Santiago en que tomará medidas de apoio ao sector pero lembroulles ás organizacións agrarias que deberán ser factibles e legais // Os mariñeiros xubilados, logo de traballaren en Noruega manifestáronse diante do consulado do país nórdico na Coruña e na Delegación do Goberno pedido o apoio da administración nas súas reclamacións. 27/08/15