Galicia elixirá novo parlamento autonómico o 21 de outubro, coincidindo coas eleccións no País Vasco e cinco meses antes de completar a lexislatura. Tras unha reunión extraodinaria do Consello da Xunta, o presidente Alberto Núñez Feijóo xustificou este adianto electoral para rematar coa incertidume política e blindar a planificación económica neste momento de grave crise. // Para os grupos da oposición, o adianto dos comicios autonómicos responde máis ao interese electoral do PP que ao beneficio do país. // O Deportivo trae un punto de Valencia tras remontar un tres a un e lograr un empate que sabe a vitoria. Ao Celta estalle a custar o inicio da Liga. Nova derrota, esta vez contra a Real Sociedad. 27/08/12