A representante de En Marea, Alexandra Fernandez manifestoulle ao Rei a súa oposición a que Mariano Rajoy e o PP constitúan o novo executivo e a súa intención de seguir buscando fórmulas alternativas // A Xunta e os concellos da comarca de Vigo escenificaron hoxe o acordo para a porta en marcha da área metropolitana. Comezará no mes de outubro e abranguerá 14 concellos // Asinado o convenio polo que a Xunta vai asumir a xestión de 29 centros de saúde que ata agora viñan sendo de titularidade municipal. Os concellos cederánlle ao Goberno Galego os edificios e os terreos e, a cambio, a Xunta, xestionará os centros de saúde. 27/07/16