Nova marca histórica nas cifras do paro. 10.300 persoas máis quedaron sen emprego en Galicia nos últimos tres meses, segundo a enquisa de poboación activa, co que son xa case 276.000 os parados na comunidade. // Inaugúrase en Vilalba unha nova factoría e centro de investigación do grupo Norvento. Vai construír aquí un novo modelo de aeroxenerador de tamaño medio destinado a producir enerxía no mesmo lugar no que se consume. // 23 detidos en Galicia dunha rede dedicada ao contrabando de tabaco desde Andorra. // Os 24 buques conxeladores galegos que capturan polbo en augas de Mauritania quedan excluídos do novo acordo pesqueiro asinado entre a Unión Europea e o país africano. 27/07/12