Núñez Feijóo reafirmou a súa   lealdade ao Presidente Mariano Rajoy, respecto aos movementos  rexistrados, nas últimas horas, no Partido Popular, logo da perda de votos, nas eleccións do domingo. O Presidente da Xunta respostaba  a unha intervención do voceiro socialista na cámara galega   A executiva do PSdeG- PSOE considera innegociable en Lugo a continuidade do actual alcalde en funcións, Xosé López Orozco para pactar un goberno de esquerdas na cidade. Mentres a marea Lugo Novo que se converteu en terceira forza no concello insiste en que non dará o seu apoio a un candidato imputado.    Comezou a proba de avaliación dos alumnos de 3º de primaria que vai continuar mañá e á que están convocados 22 mil alumnos en todos os colexios de Galicia.  Algunhas organizacións educativas pediranlles aos pais que non enviaran aos fillos, para non ter que facelas. (27/05/15)