Tensión en Vigo polas diferenzas veciñais respecto á instalación dun macro-complexo comercial e de ocio que un grupo de investidores británicos quere instalar na parroquia de Cabral. Os promotores ofrécenlles aos propietarios 18 millóns de euros e prioridade para contratalos durante a construcción pero os que se opoñen din que falta información e que perxudicará ao comercio local // Un acusado de asasinato sométese por segunda vez a xuízo polo mesmo caso en Ourense logo de que o Tribunal Supremo ordenase repetir a vista. O anterior xurado declarárao culpable de planificar a morte dun exsocio envelenándoo con estricnina. O acusado segue sostendo que a morte foi accidental // Un dos dous equipos galegos baixará a Segunda. Para seguir en Primeira, o Deportivo ten que gañarlle este sabado en riazor a unha Real Sociedad que busca entrar na Liga de Campions. O Celta salvarase se perde o Depor e derrota en Balaidos a un Español que chega sen aliciente competitivo. 27/05/13