Tranquilidade neste segundo día de saídas autorizadas dos nenos. Algúns concellos abriron as praias para desfrute dos máis pequenos e outros recomendan organizar os paseos por quendas // Só as separa o río Miño, pero o día a día é ben distinto na vila galega de Tui e na portuguesa de Valença, onde o confinamento é máis relaxado // O buque interceptado cerca de Canarias con catro toneladas de cocaína que ían ser introducidas na costa galega navega xa rumbo a Vigo. Na comarca de Arousa foron detidos doce integrantes da rede. 27/04/20