Comeza a funcionar hoxe a tarxeta do transporte metropolitano en doce concellos da área de Vigo. Os usuarios poden conseguir descontos de ata o 50% para viaxar en barco pola ría e en autobuses // O Presidente da Xunta amosouse "motivado e non preocupado" polos resultados que lle auguran as enquisas ao seu partido, e segundo as que precisaría de pactos para gobernar en cinco cidades. O líder dos socialistas galegos di que as novas formacións causan incerteza entre o electorado e destaca que os inquéritos reflicten a desapariciòn das maiorías absolutas do PP // Catro detidos en Vigo polo atropelo mortal dunha muller de 77 anos e que se deron á fuga tralo accidente. O primeiro en ser detido foi o conductor da furgoneta, un mozo de 20 anos. Os outros tres detidos viaxaban con él no momento do accidente mortal. 27/04/15