O home natural de lugo que perdeu á súa exmuller aunha filla e a unha neta no accidente aéreo dos Alpes,  agradece os  esforzos das autoridades francesas para devolverlles os corpos dos seus seres queridos pero di que as novas informacións sobre o papel do copiloto que estrelou o avión, non lle serven de consolo Os concelleiros do PP de Santiago  absoltos pola Audiencia Provincial  defenden a súa actuación no Concello que a Audiencia ve  axustada á lei. O partido popular considérase prexudicado pola sentenza que inhabilitara aos seus concelleiros e dilles aos grupos da oposición que pidan perdón.  O BNG insiste en que a decisión dos edís populares, pola que agora foron absoltos, foi incorrecta.Os socialistas preguntan se agora o Alcalde vai repoñer aos concelleiros demitidos nos seus postos. Tráfico prevé máis dun millón de desprazamentos esta semana Santa, algo máis de 300 mil só nesta primeira fin de semana de vacacións para moitos. Mentres Renfe colgou o cartel de non hai billetes p