A Xunta estuda cal será o límite máximo autorizado para as xuntanzas familiares nas festas de Nadal.// O Tribunal Supremo confirma a pena de prisión permanente revisable para José Enrique Abuín Gey, alcumado o Chicle, polo asasinato de Diana Quer en 2016 na Pobra do Caramiñal. // O presidente da Xunta critica  o acordo do goberno central con ERC para eliminar as reduccións de impostos que aplican algunhas comunidades. Feijóo asegurou que manterá as rebaixas fiscais previstas en Galicia.// En Vigo, a Policía detivo a un home, e busca a outros tres que fuxiron tras o intento de asalto a unha urbanización de chalets, en San Andrés de Comesaña. Varios veciños escoitaron disparos, pero non hai feridos. 26/11/20