Rexeitamento unánime do Parlamento a referencia da xuiza de Marbella á Galicia Profunda na resolución sobre a custodia dunha nai que marchou co seu fillo vivir a Muros. As tres forzas políticas, de acordo en que e una valoración pexorativa do país. // Galicia tivo no último ano un retorno migratorio de 14 mil persoas e na última década o balance positivo entre inmigrantes e emigrantes é de máis de 70 mil. Así o destacou o presidente da Xunta, na clausura do Programa Merlo, para favorecer o emprendemento entre os mozos que regresan. // En Galicia apenas hai demanda de fotógrafos que se adiquen a fotografar partos, a diferencia de países coma EEUU ou os do norte de Europa onde son cada vez máis habituais. Hoxe coñecemos a unha fotógrafa da Coruña, que é pioneira, e que leva 11 anos retratando ese momento único, a 1.600 euros por parto. // A catedral de Ourense acolle esta noite un concerto benéfico para recadar fondos para dous irmáns israelíes que sufren parkinson infantil. 26-10-2021