Remataron os rexistros dos domiclios dos dous pais da nena asasinada en Santiago., os únicos de momento imputados polo homicido da súa filla. A saída da nai da súa casa foi acompañada con berros de Asasina . Despois foi rexistrada tamén a vivenda do seu exmarido, Alfonso Basterra imputado dende onte neste caso.O Principe de Asturias visitou hoxe a cadea de produción da factoría Citroen de Vigo na que se montan os novos modelos do C4 Picasso. A entrada, o Herdeiro da Coroa respostou cun aceno optimista ás preguntas sobre o estado do seu pai, recentemente operado dunha cadeira.A Garda Civil busca nun monte da Cañiza restos humáns, logo de que hai pouco aparecera unha caveira na mesma zona. Investigan se podería pertencer aos restos dunha muller de Vigo desaparecida na zona , un caso polo que o seu marido chegara a ser imputado pero que se pechara ao non atoparse o cadáver. (26/09/13)