Debate no Parlamento a conta da Decisión sobre a devolución das axudas fiscais por parte dos estaleiros. O Presidente da Xunta reprochoulle ao lider do PSdeG que o comisario socialista Almunia, poida por en perigo o emprego no naval. Pachi Vázquez lembroulle que no colexio de comisarios hai tamén moitos membros do Partido Popular Europeo. Feijóo recomendoulle que se ocupase de Almunia e que el se encargaría dos comisarios "populares" // Controlado un incendio forestal que comenzou onte pola tarde no concello pontevedrés de Ponteareas que queimou 180 hectáreas. O accidente produciuse ó precipitarse por un barranco unha motobomba .O Conductor foi hospitalizado e está fora de perigo // Cinco nenos sofriron queimaduras nos pés ao pisaren restos de fogueiras do san Xoán que quedaran debaixo da area da praia. Catro deles queimáronse na de Cabanas e o outro na localidade próxima de Redes, en Ares. Un deles permanece ainda ingresado no hospital. As familias están pensando en presentar denunci