O mapa político galego non muda de cor pero si sofre importantes variacións, logo dos comicios europeos, celebrados onte nas que a maior novidade é a irrupción de "Podemos".O Partido Popular mantén a maioría co 35 por cento dos votos pero baixa respecto ao 50 por cento que lograra hai cinco anos. O PSdeG-PSOE tamén baixa, do 35 ao 21 por cento, pero mantén a segunda posición. No terceiro posto afiánzase AGE. Un posto que lle arrebata ao BNG que perdeu máis de 20 mil votos respecto ao 2009 // Mergulladores da Garda civil buscan hoxe na costa da Guarda ao maior dos dous homes que desapareceron o pasado xoves mentres pescaban // O Deportivo non foi quen de aproveitar, en Soria, a oporturnidade de ascender directamente a Primeira División, ao perder ante o Numancia. Se empatara, xa sería equipo de Primeira ao perder o Las Palmas. 26/05/14