Un grupo de damnificados polas preferentes foron desaloxados pola policía local das dependencias municipais de Sanxenxo e, no Parlamento Galego, eses productos bancarios foron asunto de debate por mor das peticións dos grupos da oposición de incluír na orde do día unha comparecencia do Presidente da Xunta.// Os comercios de alimentación da provincia de Pontevedra abriron hoxe con normalidade ó desconvocarse a folga, que estaba prevista ata o sábado. //Seguen os actos da Semana Santa, pese ao tempo húmido. En Lugo a procesión da Virxe da Esperanza volveu congregar a milleiros de persoas nas rúas . //O presidente do Celta lamenta o pobre resultado das fichaxes do club nesta temporada, entre elas as de seis xogadores internacionais. Son responsables, en parte,di, da delicada situación na que se encontra o equipo. (26/03/13)