O ex deputado do BNG Fernando Blanco asegura que todo o que dixo sobre el Jorge Dorribo é falso. Blanco declarou esta mañá por segunda vez no xulgado de Lugo que instrúe o sumario da Operación Campeón. // A crise dispara as denuncias dos cidadáns ante o Valedor do Pobo. Durante o ano pasado a oficina do Valedor tramitou case tres mil expedientes, un nove por cento máis que en 2010. // CC.OO. e UGT denuncian por abusivos os servizos mínimos decretados pola Xunta para a folga xeral do xoves. // O Deportivo mantense firme no liderado de Segunda tras vencer ao Córdoba en Riazor, onde xa leva once vitorias consecutivas. A sete puntos está o Celta, que conseguiu empatar nos últimos minutos en Huesca. // O barrio de San Lázaro, en Santiago, celebra a Festa gastronómica da Uña. 26/03/12