Os usuarios das residencias de maiores poderon sair a pasear, por vez primeira coa tranquilidade de considerarse inmunizados logo de recibir a segunda dose da vacina. E outra consecuencia do levantamento das restrición, xunto coa volta da hostalaría e a suspresión de moitos peches perimetriais. // Os hostaleiros deberán rexistar os locais nunha páxina da Xunta é sera obrigatorio contar con código QR visible para que os clientes o poidan leer e, de xeito voluntario, rexistrarse para un mellor rastrexo de contactos, en caso de coincidir con algún outro cliente que dea positivo.// Nas áreas en nivel intermedio, Pontevedra, A Coruña e Ferrol, o bo tempo está a animar a moitos a disfrutar das terrazas, que só poden abrir ao 50 por cento, e ata as seis da tarde. // Un estudo da Universidade de Vigo estima que, só na primeira onda da pandemia, o impacto económico do peche da frontera con Portugal foi duns 92 millóns de euros. 26-02-2021