Vidas perdidas en agresións machistas, representadas neste acto en Vigo por zapatos orfos. Son 41 no que vai de ano, duas delas en Galicia. E un dos xeitos en que hoxe se conmemora o Día Internacional para eliminar a violencia contra as mulleres..// Sanidade estuda cómo serán as restriccións para o Nadal, con reunións limitadas a 6 ou a 10 convivintes. En todo caso, os expertos do Comité Clínico advirten que as xuntanzas familiares deberán ser con máscara.// a Xunta vai aumentar a compra de test de antíxenos ata os 3 millóns de unidades. A operación foi dada a coñecer polo presidente Feijóo no Parlamento, onde houbo acusacións cruzadas de negacionismo sobre a loita contra a violencia de xénero. 25/11/20