TX2 Petición de prudencia do conselleiro de Sanidade ao confirmarse xa 50 positivos en Galicia en relación con viaxes de fin de curso a Mallorca. A maioría en Pontevedra, ainda que tamén hai casos en Lugo, Ourense e Vigo, de alomentos 11 centros educativos. Hai familiares dos alumnos entre os contaxiados. // Os casos activos seguen a tendencia crecente. Hoxe son 1.377, debido ao notable aumento na cifra de novos contaxios detectados, que sobe a 154. Os pacientes hospitalizados quedan en 46, dos que 11 están nas UCI. E logo de varios días, o Sergas volve notificar un falecemento por Covid.// O organista Thomas Ospital, unha das figuras deste instrumento máis recoñecidas na actualidade, ofrecerá un concerto mañá na Catedral de Tui. // Na primeira fin de semana de verán, nótase xa no ambiente das vilas costeiras e os concellos empezan a poñer a punto os servizos das praias, comezando polo socorrismo. 25-06-2021