Os clientes fan cola ante a reapertura das grandes superficies comerciais no comenzo da Fase 2 da desescalada. Os concellos regulan as condicións para o baño recreativo nas praias, mentres, dende hoxe se permiten as reunións de ata 15 persoas e a entrada nos establecementos de hostalería. //Os institutos recuperan, con escasa asistencia de alumnos, as clases presenciais para segundo de Bacharelato e dos ciclos medio e superior de Formación Profesional. Os profesores resaltan o esforzo que supón manter a atención aos estudantes que quedan nas casas.// O presidente da Xunta reclama que Galicia poida abandonar o estado de Alarma antes de cumprir todalas fases da desescalada, debido á mellora da situación epidemiolóxica. A oposición acúsao de facer electoralismo coa xestión da loita contra a pandemia. 25/05/20