Enclaves turísticos da costa como Sanxenxo e Baiona, deberán a afrontar a Semana Santa con maiores restricións, debido ao empeoramento da evolucion de contaxios dende a Ponte de San Xosé. En Santiago algúns hoteis abren coa esperanza de atraer a clientela galega. // Os viaxeiros procedentes do resto de España que visitaron Galicia durante o ano pasado foron 5´4 millóns, o que significa unha reducción do 46 por cento respecto ao ano anterior. // De cara á Semana Santa, a Xunta pídelle de novo ao Goberno central que autorice a facer probas da detección da covid aos pasaxeiros que cheguen aos aeroportos e estacións de tren. // Os lobos, presuntamente, acabaron con sete ovellas en Friol,na provincia de Lugo. Os seus propietarios que non son profesionais da gandeiría, empregaban o rabaño para manter limpa unha extensa finca e lamentan a perda de catro reses adultas e tres años. 25-03-2021