A nai da pequena asasinada en Santiago foi detida, depois da incirenación, esta mañá, dos restos da pequena. Rosario Porto, foi trasladada á comandancia da Garda Civil da Coruña logo de que os investigadores apreciaran incongruencias e ambiguedades nas súas declaracións .O funeral pola pequena Asunta estaba previsto para esta tardeEstabilizados os dous incendios que ameazaron vivendas en Ourense, na Merca e en Paderne de Allariz onde se queimaron preto de 400 hectáreas. Tamén se recuperan do susto en Camelle, na costa coruñesa onde o lume se achegou tamén as casas e mesmo causou feridas a unha veciña.Afectados da Plataforma Stop desafiuzamentos concentranse diante da central de Novagalicia para reclamarlle ó banco que conceda as dacións en pago pendentes. Aseguran que a entidade paralizou as negociacions cunhas 60 familias á espera da sua venda. (24/09/13)