Sanidade comunica hoxe 2.452 casos activos por coronavirus en Galicia, 146 máis que onte. Nunha semana duplicáronse os novos contaxios rexistrados e faleceron oito persoas con covid // O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, mantén para o 10 de setembro o inicio do curso escolar, que, asegura, será presencial e con máscara obrigatoria // Prisión preventiva e sen fianza para Miguel Gil, suposto autor da morte da súa irmá e dunha sobriña, o venres pasado en Soutomaior. 24/08/20