Reaccións, tamén en Galicia, ao resultado do referendum no que o Reino Unido decidiu sair da Unión Europea. Destaca a preocupaciòn das 250 empresas galegas que comercian con aquel mercado. Tamén a dos armadores dos barcos que faenan no Gran Sol e a dos milleiros de galegos que residen no Reino Unido // Dia hoxe de recollida de restos fogueiras que arderon por toda Galicia, na noite do San Xoán. A máis concorrida, a das praias coruñesas do Orzán e Riazor, onde se deron cita unhas 140 mil persoas. Alí dous policías e persoal de seguridade que tiveron que atender a un mozo que se botou imprudentemente á auga e que foi detido // Máxima alarma demográfica polos últimos datos coñecidos do saldo vexetativo. Nunca a diferenza entre as defuncións e nacementos fora tan grande dende 1975 cando se fixeron este rexistros. 24/06/16