Galicia lembra hoxe á nosa autora máis universal. A poetisa Rosalía de Castro, da que se cumpren 178 anos do seu nacemento. A Autora de Cantares Gallegos recibe homenaxes que celebran a súa figura coma alicerce da recuperación do idioma galego para a creación literaria // Primeira alerta vermella no mar deste inverno na costa da Coruña e Lugo. Deixou ondas de case dez metros en Estaca de Bares esta mañá. Durante a tarde a alerta rebaixarase a laranxa en toda a costa galega con ondas no entorno dos sete metros // Aumenta a  loita contra o furtivismo marisqueiro, con 1000 inspeccións mais no ano pasado. Un ano no que se comisaron corenta toneladas de marisco e se tramitaron 3.700 denuncias. O proxecto de reforma do código penal incluirá o furtivismo como delito, con penas de entre seis meses a dous anos. 24/02/15