Os avogados que representan a Rosario Porto e Alfonso Basterra expuxeron hoxe as conclusión da súa defensa dos pais de Asunta Basterra. A avogada de Basterra, dixo que o pai da pequena mercaba o orfidal co que presuntamente foi sedada a pequena porque llo pedía a súa ex muller. O letrado defensor de Rosario Porto calificou de inconsistentes os indicios que sinalan á súa cliente coma autora do crime // A fábrica de Vigo de PSA producirá este ano máis de catrocentos mil vehículos, preto de trinta mil máis que o ano pasado // Son as previsións que explicou hoxe o director da planta nunha visita ao comenzo das obras da nave H que construe a Zona Franca no polígono de Balaidos // Reforzos policiais nos mercadiños ambulantes que se celebran esta fin de semana en Pontevedra. O de Bouzas en Vigo foi suspendido despois do tiroteo a varias furgonetas de vendedores do chamado clans dos zamoranos acontecida o pasado mércores na circunvalación da cidade. 23/10/15