En Galicia ondearán este verán128 bandeiras azuis, dúas máis ca o ano pasado. A nosa é comunidade que máis bandeiras consegue.Ademáis dos areais recoñecidos, o Concello de Burela recibiu un premio pola súa información e xestión ambiental e o de Ribadeo pola xestión de resíduos urbáns no seu territorio, que conta con famosos areáis coma o das Catedráis.A Xunta deulle hoxe o visto e prace ao proxecto de lei de emprendedores que reduce a 24 horas o tempo para tramitar a creación dunha nova empresa. Tamén suprime a licencia municipal previa para os novos emprendementos e reduce a un os número órganos que asesoran á Consellería de economía.O Consello tamén analizou un informe sobre o absentismo laboral na administración que se reduciu o ano pasado, un 31%.O Xogador do Deportivo Juan Carlos Valerón adía o anuncio da súa decisión sobre se vai continuar ou non no clube. Hoxe dixo que xa tén tomada a decisión pero que non a vai facer pública ata ao remate da tempada. (23/05/13)