Preocupación entre o colectivo de mariscadoras da Illa de Arousa pola elevada mortandade da ameixa. A escaseza de produto impídelles continuar coa actividade, e mesmo ten levado a decretar un ERTE entre os traballadores da lonxa. // Os bufetes de avogados acumulan traballo pendente a causa da folga de letrados xudiciais, que, de seguir, podería afectar, din, ata a celebración das eleccións municipais. // O Viaducto do Castro, na A-6, deberá ser demolido e reconstruído integramente, incluidos os piares. Así o confirmou o ministerio de Transportes. A Xunta advirte de que a obra suporá un atraso nos prazos para a reapertura. // O trovador Martín Codax é a figura á que rende homenaxe este ano a Academia de Belas Artes, como símbolo da cultura medieval galega.  23-02-2023