O conselleiro de Sanidade asegura no Parlamento que entramos na fase de descenso da onda da pandemia. Baixan do cento os pacientes ingresados nas UCI dos hospitais galegos. O sistema sanitario prepárase para unha nova forma de traballar, con menos atención presencial // 320.000 nenos galegos poderán saír da casa, a pasear un momento, a partir do domingo. Os psicólogos aconsellan explicarlles a situación diferente que atoparán fóra das súas vivendas // A fundación do cociñeiro español José Andrés en Estados Unidos iniciou esta semana o reparto de comidas a ONGs da Coruña. (22/04/2020)