A pandemia pulveriza records outro día máis. Os novos contaxios superan hoxe os 1.800, e súmanse 18 falecidos. Tódalas areas sanitarias rexistran máximos de casos activos, e A taxa de positividade supera xa o 13 por cento// Os profesionais sanitarios advirten do aumento da presión asistencial. Os pacientes ingresados con Covid xa rondan os mil, e a ocupación das Uci está ao 18 por cento, // A farmacéutica galega Biofabri prepara as doses que probarán en humanos a vacina máis adiantada das que investiga o CSIC. Contan con empezar os ensaios con voluntarios nas próximas semanas, tras obter unha eficacia do 100% en ratos. // Os animais con discapacidades poden ter unha vida plena coa axuda dunha prótese ou unha cadeira de rodas. Achegámonos ata o taller de Jaime Álvarez, Un soldador de Oleiros que lles da unha segunda oportunidade. 22-01-2021