Nas naves do estaleiro Rodman Poliships, na Ría de Vigo, trabállase xa para atender o pedido dunha empresa Chinesa, Sonangol. Son 50 embarcacións cun custe total de 25 millóns de euros. Aseguran traballo para os 155 operarios da factoría para os próximos dous anos // O Presidente da Xunta destaca o bon momento do sector da automoción galega, durante a visita á empresa viguesa GKN Driveline que ten 860 traballadores e fabrica transmisións para as principais marcas // Rexistro xudicial na deputación de Lugo. A xuíza  Pilar de Lara acompañada dunha ducia de axentes da policía xudicial, dirixe a operación. Busca documentación sobre o programa KM 0 de visitas guiadas á lugares de interese da provincia lucense. 21/11/14