Sanidade notifica unha nova repunta de máis de 200 positivos, que eleva a case 2.000 os casos activos de covid en Galicia // Nas últimas horas faleceron dous usuarios da residencia de maiores do Incio, intervida pola Xunta ante a aparición dun gromo de coronavirus que afecta a 57 anciáns e a oito empregados // Colexios preparados coas medidas sanitarias, reforzo de profesores e uso de máscaras nas aulas. A menos de tres semanas do inicio do curso, a comunidade educativa desconfía da eficacia do protocolo da Xunta. 21/08/20