Os familiares da parella de Carballo detida en Colombia por supostamente tentar sacar a un bebé do país de xeito ilegal aseguran que foron enganados. Pagáronlles 18 mil euros aos pais biolóxicos // Detidas 9 persoas de nacionalidade romanesa acusadas de asaltar vivendas na Coruña, Castellón e Madrid // A Policía Nacional patrullará a cabalo os montes dun cento de concellos para previr incendios // A Xunta destinará 89 millons de euros  para impulsar a biomasa forestal como enerxía de combustión. Espera un total de  450 millons ata o ano 2020 crear 1.000 empregos // Diogo Salomao volve ao Deportivo, para unha temporada. 21/07/14