Na localidade ourensá de Viana do Bolo a empresa que vai reabrir a mina da Penouta comezou a recoller os currículos dos interesados en traballar no proxecto. Os promotores pensan contratar a perto dun cento de operarios, dende enxeñeiros ata mecánicos ou soldadores. Ata agora xa recibiu máis de 2.000 de toda España // O Tribunal Supremo confirma a ilegalidade de 52 chalets de luxo construídos no Grove, ao pe da praia dos Raeiros. A constructora tiña licenza para levantar un aparthotel en solo rustico, pero acabou construindo vivendas individuais. A sentenza xa é firme, pero non plantexa o derrube da urbanización // O aeroporto de Lavacolla estrea hoxe unha ruta aérea directa a Estambul coa compañía Turkish Airlines. Voará desde Santiago á capital turca tres días á semana. Este enlace non establece ninguha contrapartida economica para a compañia aerea. 21/05/13