A un día de que o Fondo de Reestructuración Bancaria dea a coñecer a quita que lles vai aplicar aos posuidores de participacións preferentes de entidades rescatadas con fondos públicos, arrecian as protestas dos afectados. Unha protesta dun grupo de afectados obrigou a suspender o pleno do concello pontevedrés de Mos.Unha sentenza xudicial condena a Novagalicia banco a devolverlle a un matrimonio de emigrantes 72 mil eutros en preferentes ao apreciar a existencia de irregularidades na súa tramitación. Incide no perfil que deben ter as persoas que merquen este tipo de productos bancariosA Xunta aprobou un plan de dinamización demográfica que prevé un investimento de 90 millóns de euros en axudas ás familias. Establece beneficios fiscais, en vivenda e en transporte e vai ser enviado de inmediato ao Parlamento. (21/03/13)