Carballiño volve á fase 2, logo da significativa baixada da incidencia de casos na comarca nas últimas semanas. Pola contra, a listaxe de municipios con medidas especiais incorpóranse os da Laracha e Vilalba, onde se contan 130 positivos nunha residencia, que xa foi intervida. // A Xunta podería empezar a levantar as medidas restrictivas noutras localidades pero o Presidente Núñez Feijóo advertíu que as decisións serán adoptadas con cautela. // O aniversario da morte de Franco xira entorno ó Pazo de Meirás. Partidos, administracións e asociacións de recuperación da memoria reflexionan sobre o seu futuro en mans do estado. // Xuizo en Pontevedra a Rafael Louzán polo sobrecuste das obras do campo de fútbol de Moraña cando era presidente da Deputación. 20/11/20