O Bispado de Tui-Vigo tomou o control da asociación Orden y Mandato de San Miguel Arcángel, tras unha investigación sobre a conduta moral do seu fundador e presidente, que foi apartado das súas funcións // A Sanidade, con máis de 3.400 millóns de euros de orzamento e a educación con por riba de 2.100 millóns de euros, son as partidas que contan con maiores cantidades nos orzamentos da comunidade para o ano que vén // Teresa Romero semella terlle gañado a batalla ao évola. A súa familia respira aliviada á espera de coñecer os resultados de novas análises para descartar definitivamente a existencia de évola no seu organismo // Hoxe comenza a campaña de vacinación contra a gripe que durará dous meses. Sanidade recomenda vacinarse aos maiores de 60 anos, enfermos crónicos e embarazadas. Solicita á poboación que non acudan masivamente nesta primeira semana porque a maior incidencia non se espera ata mediados de decembro. 20/10/14