O polo aeronáutico de Rozas, en Lugo, centrado no desenvolvemento de aplicacións dos avións non tripulados, segue dando pasos. Hoxe a empresa Indra realizou ali unha demostración dun dos seus prototipos, un pequeno avion que serve tanto para ser tripulado coma para ser dirixido por control remoto // Rosa Charlin, sobriña do patriarca do clan dos Charlins, volveu sentar hoxe no banco dos acusados por presunto branqueo de cartos procedentes do narcotráfico. A vista na que o fiscal pedía para ela cinco anos de cárcere e o pago de 720 mil euros quedou suspendida porque a defensa pediu a nulidade das actuacións // O Deportivo suma un punto na súa visita ao campo do Alavés cun empate sen goles. O equipo da Coruña sólido en defensa dominou boa parte do encontro pero faltoulle gol. Sen tempo practicamente para recuperarse, o xoves reciben en Riazor ao Leganés. 20/09/16