Detido o alcalde de Ourense, o socialista Francisco Rodríguez. Estaría sendo investigado por tráfico de influencias, branqueo de capitais e alzamento de bens. Na mesma operación foron detidas outras 11 persoas, a maioría en Galicia. // Os traballadores do estaleiro Barreras de Vigo reciben con satisfaccion o contrato para construir un hotel flotante para PEMEX .Tamén en Navantia de Ferrol se valora positivamente a construcciòn doutro hotel flotante ainda que os portavoces do comité se quéixan de faltade información sobre o contido concreto do contrato // A Xunta destina 58 millóns de euros a unha planta de hospitalización no complexo hospitalario de Ourense. Terá sete plantas e 932 camas en 308 habitacións. 20/09/12