O acusado do roubo do Códice Calixtino da Catedral de Santiago, Manuel Fernández Castiñeiras, negou hoxe telo levado. Foi na segunda xornada do xuízo, e na que tamén declararon a muller e o fillo de Castiñeiras. O exelectricista da Catedral desdíxose, da confesión que realizara ante o xuíz instructor, ante o que sí recoñecera o roubo // A Ministra de Emprego e seguridade Social, Fátima Bañez, estima que máis de 20 mil galegos se van beneficiar do plan de activación do emprego para parados de longa duración, posto en marcha polo Goberno. Díxoo en Vigo onde coñeceu os plans da factoría Citroën, acompañada polo Presidente da Xunta // Empeora o estado do mar e a partir de última hora desta tarde estará en alerta amarela toda a costa Norte. Agárdanse ondas de seis metros. A coincidencia deste temporal con mareas vivas fai que protección civil lembre a necesidade de extremar a precaución ao achegarse a zonas de cantís ou nos paseos marítimos. 20/01/15