A obriga de presentar o certificado Covid tampouco é considerada legal en Galicia. Así o acaba de declarar o Tribunal Superior de Xustiza. Di que a Xunta non solicitou a autorización xudicial para implantar esta medida nos concellos con nivel alto de risco de contaxios, polo que carece de vixencia. // As vítimas mortais pola covid na nosa comunidade superan as 2.500, logo do falecemento de cinco persoas nas últimas horas. A incidencia mantén a tendencia a baixa. //Tres patrullas máis súmanse este ano á Operación Centinela, o despregue do Exército nos montes galegos para colaborar na loita contra os incendios. Comenza o sábado cun cento de militares sobre o terreo, ata o 30 de setembro. // Chega a cita anual coas Perseidas, a famosa choiva de estrelas fugaces coñecidas como bágoas de San Lourenzo. Esta noite é a mellor para observar este fenómeno, para o que só abonda, din os expertos, con buscar un lugar despexado, escuro e mirar ao ceo. 12-08-2021