Feijóo anuncia que haberá restriccións máis duras nas cidades ante o aumento dos contaxios, e augura unha terceira vaga superior a do mes de novembro. // máis de 800 novos contaxios nun so día, e 12 falecementos. A taxa de positividade supera xa o dobre do que marca a OMS para considerar a pandemia fóra de control.. //A dirección de Siemens Gamesa anuncia o peche da sua factoría de fabricación de pás eólicas ubicada no Polígono das Somozas, en Ferrol, para desviala producción a Portugal. Suporá o despedimento dos seus 215 traballadores. // A consellería de Educación suspende a tramitación dos novos contratos de transporte escolar, trala protesta dos pais dun colexio do Courel. Opóñense a que se cambie o servizo que agora prestan seis taxistas locais por un microbús dunha empresa foránea. (12/01/2021)