Sesión especial no Parlamento galego para celebrar o trinta aniversario da constitución da cámara autonómica. // Comeza o xuízo pola presunta sobrevaloración de Fadesa. Declaran como testemuñas Manuel Jove e Antonio de la Morena. // Un incendio destrúe unha conserveira histórica de Cangas, afecta a outra, e deixa no paro a preto dun cento de traballadores. // O xabarín estraga cincuenta hectáreas de prado en Paradela, en Lugo. // Deportivo e Celta, en postos con opcións para ascender a Primeira. (19/12/11)