Comeza a primeira fase da operación de tráfico de Nadal. Case dous millóns de desprazamentos se agardan nas estradas galegas durante   estas datas. Tráfico estima este ano faremos máis viaxes e con elas tamén aumenta a posibilidade de máis  accidentes. Por iso piden extremar  a precaución.   A construcción de 29 bases para aeroxeneradores eólicos mariños, encargada por Iberdrola ao estaleiro de Navantia en Fene suporá  a diversificación de actividade destas instalacións, que levaban anos sen un contrato propio. Daralles traballo a 450 empregados durante case dous anos. Rafael Louzán, o Presidente da Deputación de Pontevedra e do PP provincial é o novo máximo dirixente da Federación galega de Fútbol , tras vencer , nas eleccións, ao anterior presidente deste organismo deportivo, José García Liñares. (19/12/14)