En Lugo recibiron a alta dous dos dez anciáns ingresados por lexionela. O resto evolucionan favorablemente, segundo o Sergas. Nos dous centros afectados, a residencia privada de Guntín e a pública de Lugo, a actividade é normal // Xulgado na Coruña un home que lle prendeu lume á casa na que vivía, coa súa parella dentro, e que pode ser condenado a 5 anos de prisión, logo dun acordo entre acusación e defensa // Algúns dos mellores traballos científicos dos escolares galegos participan en Ourense en Galiciencia, unha feira que busca espertar o interese dos pequenos pola investigación. 19/11/14